Información e recomendacións para botar a rodar!

Parada asegurada nun lugar segredo. Cervexiña fresca e rio para bañarse

Parada asegurada nun lugar segredo. Cervexiña fresca e rio para bañarse…e bicis, claro!

Información climatolóxica
– Ourense (fin de semana) – Sol – Entre 26 e 14ºC
– Fin primeira etapa Ribadavia – Sol – Entre 26 e 17ºC
– Fin segunda etapa Melgaço – Sol – Entre 31 e 21ºC
– Fin terceira etapa Valença – Sol – Entre 30 e 15ºC
– Fin cuarta etapa Caminha – Sol [pode chover de noite] – Entre 21 e 14ºC
– Fin quinta etapa Baiona – Sol – Entre 23 e 13ºC
Consellos prácticos:
– comezade o percorrido facendo previamente un completo mantenemento da bici
– posibilidade de comer beber e abastecerse ao longo de todo o percorrido
– como chamar por teléfono a España dende Portugal (normalmente non hai que activar o roaming, por onde imos pedalear os móviles collen cobertura española) pero por se acaso…
Recomendacións sobre que levar
– bicicleta😉
– recambios
– auga
– saco
– esterilla
– bañador
– chuvasqueiro
– …
DSC_0817

Se alguén tiña dúbidas de como iamos cruzar o Miño, velaquí a resposta

Encontriños14

– non imos a ir en pelotón, senon cada un ao seu aire.
– haberá haberá coche de apoio pero para eventualidades e non como maleteiro rodante.
– daremos un libro de ruta a cada un indicando cales son os roteiros recomendados e que están marcados no tereno (prácticamente todos) pero que non e obligatorio seguilos

Que facer en Ribadavia? Melgaço? Caminha? Info a golpe de click

ALLARIZ – Etapa prólogo

http://www.allariz.com/turismo/

OURENSE – Inicio encontriños14

http://www.turismodeourense.com/

RIBADAVIA – Fin primeira etapa

http://www.turismoenxebre.com/2010/03/ribadavia-capital-del-antiguo-reino-de.html

http://www.turismoribadavia.com/

MELGAÇO – Fin segunda etapa

http://www.cm-melgaco.pt/portal/page/melgaco/portal_municipal/Turismo

VALENÇA DO MINHO – Fin terceira etapa

http://www.cm-valenca.pt/portal/page/valenca/portal_municipal/Turismo

CAMINHA – Fin cuarta etapa

http://www.caminhaturismo.pt/

BAIONA – Fin quinta etapa e final encontriños14

http://www.baiona.org/

http://www.baiona.org/web/turismo/sobre-baiona/presentacion

Inscricións a partires do mes de Maio

encont03 copy

Recibimos algúns avisos preguntando como vos podiades inscribir na edición 2014 dos Encontriños. Pois ben:

  • o primeiro, grazas polo feedback xa que efectivamente non o deixamos de todo claro. Así da gusto poder mellorar o noso humilde traballo
  • o segundo, e o que estabades a esperar, é que o período de inscrición abrirase no mes de Maio así que estade atentos ó que vos comentamos a continuación se non queredes esquencer da data

Damos un par de opcións para que vos podamos avisar de cando se abra o periodo de inscrición

  • Sigue o blogue (hai un botón na parte de abaixo) e recibirás avisos de cando se actualice a información do mesmo. Así, cando posteemos sobre a apertura do periodo de inscrición recibirás un aviso polo correo-e
  • Se tes conta na redes sociais Twitter ou Facebook podes serguirnos. Alí tamén publicaremos aviso sobre o inicio de inscricións.

TWITTER – @encontrinhos14

FACEBOOK –  https://www.facebook.com/encontrinosciclo2014

Presentamos blogue e datas para os encontrinhos 2014 entre Ourense e Baiona

Xa podedes anotar nas vosas axendas, o encontro cicloturista Encontrinhos VERDEGAIA 2014 levarase a cabo entre o 19 e o 26 de Xullo de 2014.

Entre estas datas faremos ruta polo sur de Galicia-Norte de Portugal entre Ourense e Baiona pasando facendo noites en Ribadavia, Melgaço, Tui, Caminha e Baiona, onde chegaremos para festexar o día grande de Galicia na noite do 25 de Xullo.